Recibimos a visita da nosa madriña do PDI: Loly Gómez

Xa temos madriña. Grazas Loly.

Loly Gómez, xornalista da TVG é a madriña do noso PDI. No día de onte estivo no colexio inaugurando a biblioteca e o noso proxecto, explicándonos ao detalle que é o xornalismo.

Nunha xuntanza na que o alumnado puido intervir coas súas aportacións, xurdiron moitas cuestións relacionadas cos medios de comunicación:

  • Que son as noticias
  • Quen conta noticias.
  • Como podemos contar as noticias.
  • Que tipo de noticias hai.
  • Diferentes modalidades de periodismo: fotoperiodismo,…

Quedounos claro tamén que as xornalistas e os xornalistas poden “meter a zoca”, e que unha cousa é informar e outra opinar.

Xa para rematar todo o alumnado levou como agasallo un autoadhesivo do noso proxecto.

Damos por inaugurado oficialmente o noso PDI e agora Barouta vai estar “ao pé da noticia

VER IMAXES

Referencias:
Presentación feita por Loly Gómez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.