Recibimos o 1º premio “Atrévete a ter unha idea”

O mércores 18 de outubro, o curso de 6º de Primaria estivo en Santiago para recibir o 1º premio do programa “ATRÉVETE” pola creación da cooperativa BaPri no curso 2022-2023.

Nunha xornada onde se recoñeceu o traballo de varios centros e alumnas e alumnos de Galicia polas súas ideas innovadoras, temos que lembrar que na categoría de traballo en grupo, o CEIP de Barouta creou unha cooperativa solidaria para conseguir fondos e facer unha doazón a ASANOG.

BaPri foi un proxecto de centro cun caracter solidario, democrático, igualitario e ecoloxista.

Para todo o alumnado que traballou neste proxecto foi moi enriquecedor e aprenderon a crear,  xestionar e poñer en práctica unha cooperativa.

Aproveitando que a entrega de premios foi no Politécnico de Santiago, tamén fixemos unha visita para ver en funcionamento un brazo robótico.

Ver imaxes da recollida do premio

Referencias:
i.gal/bapri
Discurso Bapri recollida 1º Premio (Amalia e Victor)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.