Desde o luns día 8 de setembro, inicio do curso escolar 2025/2026, xa poderedes recoller na conserxería os cheques de material escolar para o alumnado de Ed. Primaria beneficiario desta convocatoria de axudas.
O mesmo luns as titoras de cada grupo entregallánlle ao alumnado a lista de material que se precisará para este curso en cada área ou materia. Non compredes axenda escolar xa que nos próximos días, e grazas á colaboración da AFA Barouta, o alumnado recibirá unha axenda deseñada por nós.

