Remate do PFPP | Curso 2023-2024

Chegamos ao remate do PFPP.

Como despedida, comentámosvos o que fixemos nas últimas sesións, e deixámosvos un resumo das ideas máis importantes do faladoiro pedagóxico dialóxico.

Preme na imaxe para descargar o documento

Na sesión do 9 de abril rematamos a lectura do libro de José María Toro, co capítulo: O conflicto como espazo e medio para a aprendizaxe.

Tivemos a oportunidade de contar novamente coa presenza (aínda que fose de xeito virtual) do autor do libro, e charlar con el de todo canto reflexionamos ao longo dos capítulos. Así que o 23 de abril foi o momento.

E xa na última sesión do 7 de maio, centrámonos no PIIE (Programa de Implantación para Intelixencia Emocional), a través dunha breve análise a aproximación das diferentes personalidades.

Como é costume, tódalas sesións remataron cunhas dinámicas de grupo. Poñemos algunhas imaxes.

Referencias:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.