Actualizado o 11 Xuño, 2024

Como xa veríades no Calendario de Eventos, o próximo mércores 12 de xuño a partir das 12h00 abrimos o MUSEO BAROUTA para a EXPOSICIÓN DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “Barouta ao pé da noticia“.

A visita será libre e haberá quendas de 30 persoas que entrarán cada 10 minutos a partir das 12h00 ata as 13h10 (última quenda de entrada).

PLANO DO PERCORRIDO:

Para que poidades escoller entrada no horario que mellor vos conveña, creamos o seguinte formulario de reserva:

* Se non ves o formulario preme AQUI para acceder.

Debedes de facer unha solicitude por cada persoa. A duración aprox. de visita é de 40 minutos.

Agardamos contar con vós!

Máis información do Proxecto Documental Integrado “Barouta ao pé da noticia” AQUÍ

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.