Solicitude de Reserva
Destinatarios: alumnado de 6º EP que vai para o IES de Ames.
Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.
Aviso: esta solicitude é só para o alumnado matriculado no Centro, que no Curso 2024/2025 cambia de Etapa Educativa e que desexa reservar praza no Centro Adscrito. No caso do CEIP de Barouta: alumnado de 6º EP que irá para o IES de Ames. O alumnado xa matriculado en Ed. Infantil que para o ano cursará Ed. Primaria, non ten que presentar esta solicitude, xa que a reserva é automática no propio Centro.
Non vou ir ao IES de Ames: quen non desexe solicitar reserva no Centro Adscrito non deberá presentar nada ata o prazo ordinario de Solicitude de Praza para Nova Matrícula (previsiblemente do 1 ao 22 de marzo de 2024)
Presentación das solicitudes:
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
1. PRESENTAR SOLICITUDE EN SEDE ELECTRÓNICA (Recomendado)
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Aplicación de xestión das solicitudes de reserva
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes–> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón “Firmar e presentar en Sede Electrónica“, poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar na aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
2. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes–> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende das seguintes ligazóns os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Referencias: