Para empezar, importante que estes días visitedes a bitácora do EDLG, onde teremos moito material e contidos relacionados co Día de Rosalía que se celebra o 23 de febreiro.

Na bitácora o EDLG comparte con vós a programación de ROSALÍA no Concello de Ames e aproveitamos para convidarvos á GALA ROSALÍA, o 23 febreiro na que participará unha representación do alumnado de 6º Primaria.

No resto de bitácoras, máis contidos: en Infantil imaxes da preparación do Entroido, da Carreira pola Paz e da visita de Paco Nogueiras. En 4º seguen a compartir con nós varias actividades interactivas.

Visitar bitácoras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.