Resumo e recursos das I Xornadas OAOA do CEIP de Barouta.

Remataron as primeiras xornadas OAOA do 12 e 13 de decembro con MARCOS MARRERO e todas e todos quedamos con ganas de compartir máis tempo e experiencias.
Moitas grazas a tódalas participantes e en especial o ponente Marcos Marrero. Desexamos que sexan as primeiras xornadas de moitas outras próximas.

O obxectivo destas xornadas e darlle un impulso o proxecto educativo do centro relacionado coa enseñanza das matemáticas que fai uns anos estamos implantando en Barouta.

Matemáticas en Barouta

Metodoloxía de traballo baseada principalmente na aprendizaxe das matemáticas aplicadas á vida real, desenvolvendo ao máximo as potencialidades de todo o alumnado desde unha perspectiva inclusiva.

Nas xornadas da tarde do xoves e venres a formación foi dirixida ao profesorado centrada no desenvolvemento do sentido numérico en Educación Infantil e Primaria, desde o punto de vista vivencial, manipulativo e significativo.

Tratáronse contidos como:

  • Feitos básicos númericos desde Educación Infantil : requisitos previos aos algoritmos.
  • Estruturas aditivas: algoritmos de suma e resta para desenvolver o cálculo mental.
  • Estrutura multiplicativa: algoritmos multiplicación para desenvolver o cálculo mental.
  • A estimación como proceso fundamental para desenvolver o sentido crítico.
  • Conexións aritméticas: relacións, propiedades e aplicación.

Na xornada do venres pola mañá, no centro, Marcos Marrero e o profesorado levaron a cabo un taller mixto co alumnado de 3º e 4º de EP e outro taller mixto co alumnado de 5º e 6º de EP.
O obxectivo destes talleres era que alumnado vivencie e experimente a aprendizaxe de contidos de matemáticas con material manipulativo de forma práctica e dinámica baixo a enseñanza dun experto na didáctica das matemáticas como Marcos Marrero.

Queremos compartir agora con vós, recursos que poden ser de interese e imaxes da formación do profesorado e dos obradoiros co alumnado.

RECURSOS COMPARTIDOS OAOA

GRUPO DE TELEGRAM OAOA
http://oaoamatematicas.org/

Grupo de traballo en Telegram de OAOA onde podes suscribirte para participar. É un grupo moi activo con miles de subscriptores e subscriptoras.

CEIP ISAAC DE VEGA

Canal de Youtube onde se comparten experiencias didácticas de aula do CEIP ISAAC DE VEGA.
Vídeos etiquetados por cursos e contidos que se traballan.

MARCOS MARRERO CÁRDENAS

Canal de Youtube de Marcos Marrero.
Vídeos de traballos de aula, recursos e charlas. Interesante ver os Playlists onde se organiza por cursos.

ANTONIO MARTÍN 2020

Canal de Youtube de Antonio Martín. Divulgación e experimentación. Organizado por cursos.

GEOGEBRA
Víctor Fornés Grimalt

Web con ferramentas de balde para facer matemáticas. Material interactivo en liña que ofrece autocorrección.

RECURSOS OAOA DESCARGABLES Espazo de Dropbox con multitude de recursos descargables e organizados por categorías. Facilitados polo grupo de Telegram de OAOA.
LIBROS OAOA Vídeos en liña relacionados cos libros OAOA (ata agora publicados ata 4º de Primaria)

Ver información de cada caderno

Libro 1º

Libro 2º

Libro 3º

Libro 4º

Descargar táboa de RECURSOS OAOA en PDF

Ver imaxes de Marcos Marrero co alumnado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.