Estamos traballando xa co libro do Faladoiro Pedagóxico que desenvolvemos este curso no PFPP: Educar con co-razón de José María Toro.
Despois da primeira sesión de traballo, na que tivemos a oportunidadde de coñecer ao autor, fixemos unha lectura dos primeiros capítulos e reflexionamos entre todas e todos sobre os parágrafos ou ideas que máis nos chamaron a atención.
A través dunha posta en común cada mestra e mestre expresou o que lle parecia máis relevante ou lle xerou interese, chegando así entre todas e todos a diferentes visións e opinións.
Aquí vos ofrecemos un resumo das primeiras conclusións. Non teñen desperdicio!:
Esperamos tamén as túas reflexións e opinións nos comentarios!