Seguimos avanzando na lectura do libro de José María Toro.
Na sesión do PFPP do 6 de febreiro foi o turno dos temas adicados a o corpo (percepción corporal, relaxación, linguaxe do corpo, …) e a educación emocional (empatía, vinculación emocional, “secuestro emocional”, …)
Xurdiron reflexións moi interesantes e propostas para levar a cabo na nosa práctica diaria.
O 12 de marzo, profundizamos na lentificación, a paciencia, os momentos de xogo, celebración e descanso. Posteriormente, a coordinadora do PFPP fixo unha introducción sobre a meditación e o mindfludness, para amosarnos os seus beneficios tanto a nivel persoal como no ámbito educativo.
En ámbalas sesións rematamos, como é habitual, cunhas dinámicas de grupo.
Imaxes dunha dinámica Mindfulness para traballar a percepción das sensasións, os sentidos e o control da respiración:
Video resumo con dúas das dinámicas que traballamos en diferentes sesións: