Resumo semanal Bitácoras (semana 13 – 17 novembro)

Esta semana as bitácoras recollen varias propostas.

Por exemplo en 6º temos un video dunha dinámica de cohesión de grupo, e en 1º traballamos co noso corpo.
En 2º destacan “O gran libros dos medos de 2ºEP“, e en 5º queren darnos unha mensaxe moi importante “En equipo todo é mellor” e vemos como usan o encerado dixital para traballar os divisores entre todas e todos.

En 3º a “tribo” segue traballando nos seus estatutos.

Podemos ver tamén fotos da actividade do hospital de osiñas e osiños que fixemos esta semana no colexio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.