Esta semana, na bitácora de 3º, os seres vivos teñen un protagonismo importante. Estiveron traballando unha proposta por recantos, relacionada cos seres vivos. E ata empezaron a usar o microscopio!! Tamén seguen a construir, tanto en robótica como na natureza: prantando carballos.
En Educación Infantil, artellando como cada día, amósannos varias propostas. Unha delas ten que ver co bocadillo dos venres, e a escola no bosque segue a ser unha dinámica fundamental para diferentes proxectos e tarefas.
A parte de amosar o traballo que facemos, as bitácoras tamén nos serven para ofrecer diferentes recursos. En 4º están cos mapas interactivos nunha web na que podemos coñecelos e traballar con eles.
En 5º levamos xa uns días traballando de xeito manipulativo coas fraccións, e nunha das actividades fixemos diferentes composicións con Legos para identificar fraccións e fraccións equivalentes.
Visitar as bitácoras.