Resumo semanal Bitácoras (semana 16 – 20 outubro)

Ola familias.
Aquí seguimos informando un pouco das bitácoras. Supoñemos que agora xa visitades habitualmente por elas.

Na bitácora do EDLG tedes un podcast adicado ao Seminario de Estudos Galegos, que pasa a completar a presentación que xa puxemos a semana pasada.

Seguimos artellando no cole: “Ou nas mans ou nos pés, sempre tiras a quen es

No resto de cursos, as matemáticas non paran, e temos imaxes de varias propostas sobre o corpo humano, o medo, as células…

Xa para rematar, fixemos unha saída para ver a exposición “Atlánticas” no Museo do Pobo Galego, e recollemos o premio que nos concederon o curso pasado pola creación da cooperativa BaPri.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.