En Infantil non perden ocasión de traballar cos acontecemnentos de actualidade con un proxecto denominado “Pellets no mar. Propostas de laboratorio“. E ademáis, xa se están preparando para a 8ª Carreira Solidaria.
En 1º están traballando coa árbore xenealóxica e tamén colaboraron, ao igual ca o resto de grupos, na elaboración das medallas da carreira solidaria.
En 3º fixeron distintas propostas matemáticas que podedes ver nun video que nos comparten.