Unha boa idea para non perdervos nada das bitácoras, é engadilas aos vosos marcadores do navegador. Para iso, cremos unhas ligazóns moi fáciles de lembrar e que podedes atopar aquí:
Ver ligazóns bitácoras para engadir aos meus marcadores
Dito isto, tendes que ver que organizadiña e bonita está quedando a bitácora de biblioteca.
O alumnado de infantil non perde a oportunidade de aproveitar o estupendo entorno que temos e fan a súa “Escola no bosque”
En 3º seguen con novas propostas de traballo.
En 5º están facendo de “Miniprofes” co alumnado de 4º, ensinándolle diferentes conceptos coas regretas, e uns traballos de ciencias espectaculares.