Actualizado o 11 Novembro, 2023

Ola familias, seguimos!
As bitácoras non paran, estamos subindo contidos, cada curso ao seu ritmo. Non vos esquezades de pasar a visitalas.
Resulta entretido visitar tódalas bitácoras e ver o que se fai en cada curso.
Neste trimestre verás moitas cousas relacionadas co coñecemento do noso corpo, xa que estamos a traballar “O Corpo e a identidade” dentro das nosas ABP.
En 3º e 4º xa empezaron tamén con MeteoBarouta. Estade atentas e atentos que en breve haberá novidades sobre isto.

Xa por último, ao final deste artigo tendes a opción para deixar os vosos comentarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.