Resumo semanal Bitácoras (semanas 4 – 15 decembro)

Coa chegada do Nadal, na bitácora do EDLG deixáronnos uns recursos moi interesantes do Apalpador. Están moi ben para traballar na casa e coñecer máis esta personaxe de Nadal típica de Galicia.

Na bitácora de 6º andiveron moi activos, e póñennos varios contidos relacionados cunha saída que fixeron, coa visita dun prestixiosos científico, e máis cousas. Pasade a ver!

Non podían faltar os de Infantil, que non paran “artellando no cole”. E seguen a pintar partes do corpo… que ben o pasan!

En 5º teñen un cartel na aula como resultado dun traballo que fixeron no 25N, analizando a publicidade dos xoguetes e a súa relación con estereotipos de xénero. Isto vai moi ben para esta época na que tantos agasallos se van a comprar.

En 2º están cos tipos de casas e traballaron con plastilina para iso…

3º déixanos unhas espectaculares imaxes do traballoo feito no 25N. Esta calidade fotográfica no proxecto que fixeron non se pode deixar de compartir.

Polo demáis, debemos dicir que esta semana estamos traballando moito na preparación do Teatro de Nadal. En breve recibiredes a invitación.

Se non queredes perder detalle, xa sabedes… visitar as bitácoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.