Reunión PLANEA en liña: conexións curriculares.
Tempo de lectura: 2 minutos. 

O 16 de marzo, xunto coas compañeiras e compañeiros do o CEIP As Covas – Meaño (o outro centro PLANEA de Galicia), o grupo motor tivo unha reunión en liña para tratar o tema:

“Xestión de prácticas no centro e conexións curriculares”

A reunión foi organizada por Olga, encargada do noso nodo de mediación, e impartida por Marta Velázquez, docente e actualmente directora do centro CEIP Azahares de Sevilla.

Marta leva anos traballando en PLANEA, xa dende os seus inicios, polo que coñece a súa evolución e participou en varios proxectos en diversos centros.

Ademáis, como directora de varios centros, ofreceunos unha perspectiva dende o punto de vista do funcionamento dun colexio e de como implicar ao Claustro e integrar as propostas no currículo escolar e nas diferentes dinámicas escolares.

A LOMLOE establece por primeira vez a conexión entre o espacio exterior e a aula.

A arte debe estar dentro do currículo, xa que dende as institucións europeas recoméndase e foméntase o acceso á cultura.

A arte convértese nun medio privilexiado para activar a creatividade educativa.

Abordamos o traballo nos centros dende unha perspectiva de traballo por proxectos e donde o importante é implicación de todo o Claustro e a Comunidade Educativa.

Para acadar isto, hai varias estratexias que xa demostraron o seu éxito: incluir o proxecto artístico no plan de centro e polo tanto en tódolos aspectos curriculares que se traballan no día a día, e implicar a toda a comunidade no seu desenvolvemento.

Nesta xuntanza, tivemos a oportunidade de ver a perspectiva doutra mestra que xa traballou con PLANEA en varios centros cos seus éxitos e fracasos, e ábrenos unha perspectiva de traballo con diferentes ferramentas e ideas para iniciar o noso proxecto artístico en Barouta.

Referencias:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.