Romaría Barouta | Fin de Curso 2026
Tempo de lectura: 2 minutos. 

ROMARÍA FIN DE CURSO 2026

Venres, 19 de xuño de 2026, de 10h00 a 18h00.

PROGRAMA

10h00 | Roteiro Dramatizado e Musicalizado
De 2,5 km aprox. con parada nos campos da festa do S.Tomé de Ames e do S. Amaro de Barouta. Recoméndase levar auga e calzado cómodo. No medio do roteiro haberá un petisco para o alumnado por cortesía da AFA Barouta

14h00 | Xantar Colaborativo de Romaría
Trae o teu mantel e fai aportación dunha comida ou sobremesa para compartir con todas/os os romeiros/as. Estaremos á sombra da carballeira que temos arriba das bancadas do Campo da Horta, onde poñeremos todo en común para poder ir petiscando de todas as comidas e sobremesas que haxa. Trae tamén cubertos e pratos para servirte. Se o precisas, tamén podes traer mesa, cadeiras ou manta de picnic para o chan.  A AFA Barouta abrirá ás 14h00 unha cantina con bebidas e café.
Lembrade que ao ser unha actividade fóra de horario lectivo, o alumnado que quede será baixo a supervisión da súa familia.

15h00 | Café Concerto con DJ Saya
Presentación da Rede PLANEA con Barulla Barouta e actuación de sobremesa coa música galega-palestina DJ Saya.
Actuación do Grupo de Teatro de Barouta e do Grupo de Baile Moderno

17h00 | Despedida Alumnado de 6º EP
Despedida do alumnado de 6º EP que remata a súa escolarización no CEIP de Barouta. Entrega de orlas e diplomas.
Para rematar Festa da Espuma e Foliada Aberta (trae o teu instrumento!)

Agardamos contar con vós!

Mapa do Roteiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.