ROMARÍA FIN DE CURSO 2024
Venres, 21 de xuño de 2024, de 10h00 a 18h00.
Programa
10h00 | Roteiro Dramatizado e Musicalizado
De 2,5 km aprox. con parada nos campos da festa do S.Tomé de Ames e do S. Amaro de Barouta. Recoméndase levar auga e calzado cómodo. No medio do roteiro haberá un petisco para o alumnado.
14h00 | Xantar Colaborativo de Romaría
Trae o teu mantel e fai aportación dunha comida ou sobremesa para compartir con todas/os os romeiros/as. Estaremos á sombra da carballeira que temos arriba das gradas do Campo da Horta, onde poñeremos todo en común para poder ir petiscando de todas as comidas e sobremesas que haxa. Trae tamén cubertos e pratos para servirte. Se o precisas, tamén podes traer mesa, cadeiras ou manta de picnic para o chan. A ANPA abrirá ás 14h00 unha cantina con bebidas e café.
Lembrade que ao ser unha actividade fóra de horario lectivo, o alumnado que quede será baixo a supervisión da súa familia.
15h00 | Café Concerto con “Eva e Camilo”
16h30 | Actividades Extraescolares
Mostra das actividades de tenis, ping-pong, inglés, ciencias, baile moderno, guitarra, atletismo, hockey e xadrez.
17h30 | Despedida Alumnado de 6º EP
Despedida do alumnado de 6º EP que remata a súa escolarización no CEIP de Barouta. Entrega de orlas e diplomas.
18h00 | Festa Holi
Recoméndase traer roupa branca, gafas de mergullar… e vontade de mancharse!
Agardamos contar con vós!