ROMARÍA FIN DE CURSO 2025
Venres, 20 de xuño de 2025, de 10h00 a 18h00.
PROGRAMA
10h00 | Roteiro Dramatizado e Musicalizado
De 2,5 km aprox. con parada nos campos da festa do S.Tomé de Ames e do S. Amaro de Barouta. Recoméndase levar auga e calzado cómodo. No medio do roteiro haberá un petisco para o alumnado.
14h00 | Xantar Colaborativo de Romaría
Trae o teu mantel e fai aportación dunha comida ou sobremesa para compartir con todas/os os romeiros/as. Estaremos á sombra da carballeira que temos arriba das gradas do Campo da Horta, onde poñeremos todo en común para poder ir petiscando de todas as comidas e sobremesas que haxa. Trae tamén cubertos e pratos para servirte. Se o precisas, tamén podes traer mesa, cadeiras ou manta de picnic para o chan. A AFA Barouta abrirá ás 14h00 unha cantina con bebidas e café.
Lembrade que ao ser unha actividade fóra de horario lectivo, o alumnado que quede será baixo a supervisión da súa familia.
15h00 | Café Concerto con “Eva e Camilo”
Sobremesa co grande conxunto musical “Eva e Camilo”. Trae o teu instrumento porque, ao rematar, teremos foliada aberta e actuación do grupo de Guitarras de Barouta
17h00 | Despedida Alumnado de 6º EP
Despedida do alumnado de 6º EP que remata a súa escolarización no CEIP de Barouta. Entrega de orlas e diplomas.
Agardamos contar con vós!
Mapa do Roteiro


