Benqueridas familias!
Queremos compartir con vós unha pequeniña parte do roteiro que fixemos xuntas o pasado domingo 11 de maio.
Unha xornada na que gozamos da natureza e aprendemos cousas ben interesantes da man de Patricia Reboreda, técnica da Aula da Natureza do Concello de Ames, que compartiu connosco os seus coñecementos sobre as plantas silvestres e as súas propiedades, así como outros datos interesantes ao longo dos case 6 kilómetros da ruta do “Rego da Anduriña”, unha ruta que combina natureza, historia e tradición. Grazas Patricia!

Alí coñecemos herbas curativas como a Capuchiña, tamén chamada Embigo de Venus, usada para aliviar as feridas, a Celedonia que axuda a secar as verrugas, e tamén outras non tan beneficiosas como o Nabo do Diablo (o seu consumo é tóxico para o ser humano).
Pasamos por fermosas paisaxes fluviais, A Ermita da Madalena, a Fonte Santa, o priorato de San Mamede e antigos muíños.
Durante todo este percorrido Patricia foi afondando nas súas historias e sumerxíndonos en fantásticas lendas.

Todo isto, acompañado de conversas e xogos compartidos que remataron nun xantar campestre á beira do río Tambre, fixeron da xornada unha experiencia moi enriquecedora.

Mil grazas a todas as familias que participastes por facelo aínda máis bonito.
Permanecede atentas e atentos que prometemos voltar con novas propostas.
Mentras tanto, recordade que temos unha cita pendente o vindeiro sábado 24 de maio, a partires das 17:00h na Festa da Primavera, na praia fluvial de Tapia. Vémonos alí!

