Roteiro plantas medicinais e comestibles.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Boas familias!

Arrincamos a recta final deste curso e queremos convidarvos a todas a unha actividade ben interesante: un roteiro guíado por Patricia Reboreda, técnica da Aula da Natureza do Concello de Ames, para descubrir as propiedades de plantas que están ao noso redor e das que, en moitos casos, descoñecemos as súas posibilidades tanto culinarias como aliviando dores ou molestias físicas.

Plantexamos esta actividade coma un espazo para atoparnos en comunidade, para conversar xuntas, fortalecer vínculos entre as crianzas e as familias desfrutando da natureza á vez que facemos un pouco de exercicio!

Saíremos da praia fluvial de Tapia ás 11 da mañá, para facer a ruta do rego da Anduriña, un roteiro de dificultade baixa, ideal para crianzas e maiores.

Ao remate da camiñata anímate a traer algo de petiscar para facer un xantar campestre á beira do río Tambre acompañado dunhas sobremesas das que se encargará a AFA.

Para organizalo precisamos que fagades inscrición previa no seguinte formulario: Formulario de inscrición do roteiro de plantas medicinais e comestibles.

Poñede roupa e calzado cómodo, traede as vosas familias, avoas, avós, tías, tíos, primas e primos e desfrutemos da andaina!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.