Espazos na aula que teñen como finalidade a reflexión sobre a igualdade de xénero e a diversidade sexual.
Os puntos violeta non son algo novo no noso colexio, xa levan anos funcionando, pero cobran especial relevancia nesta semana na que preparamos o 25N.
Grazas aos puntos violeta temos un lugar de encontro onde falar e reflexionar sobre a igualdade e o feminismo: recortes de prensa, recomendacións, lecturas, buzóns de suxerencias, …