Esta semana o alumnado de 6º de Infantil viviu unha experiencia moi especial: a súa participación no Cinema Miúdo, o Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames, que este ano celebra a edición titulada “Defendamos a paz e os dereitos humanos”.
A temática transversal desta edición pon o foco na importancia da Declaración Universal dos Dereitos Humanos da ONU e na súa difusión a través do cinema. A sétima arte convértese así nunha poderosa ferramenta para achegar ás crianzas valores fundamentais como o respecto, a igualdade, a convivencia e a defensa da paz.
As nosas e nosos pequen@s cinéfil@s desprazáronse até a Casa da Cultura de Bertamiráns, onde puideron gozar dunha selección de curtametraxes adaptadas á súa idade. Cada historia convidounos a reflexionar, a sentir e a mirar o mundo con ollos máis conscientes e solidarios. A través das imaxes e das emocións, aprenderon a recoñecer situacións nas que se vulneran dereitos e tamén exemplos de cooperación, axuda mutua e amizade.
Agradecemos á organización do festival por brindarnos unha experiencia tan enriquecedora.


