No mes de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, é importante que vos pasedes pola bitácora do EDLG para ver as novidades e os recursos que vos propoñemos. Tamén empezamos co MODO GALEGO , ACTÍVAO.
O alumnado voluntario de biblioteca está facendo unha sesión de contacontos para cada ciclo na biblioteca na sesión de patio. tamén remataron o club de lectura con un Escape Room. Pasádevos pola bitácora de BiblioBarouta.
Estivemos traballando co material True True de Polos Creativos (2º Primaria) e fixemos unha saída para realizar un donativo ao Refuxio de Bando (6º de Primaria).
Haya Blanco, recoñecida artista compostelá, desenvolveu un obradoiro de pintura, e seguimos a traballar no horto e coa contorna (Ed. Infantil).
O alumnado fixo unhas maquetas impresionantes do corpo humano (4º de primaria) e unha nave espacial usando distintos materiais (1º primaria).
Traballando a arte románica e gótica é un bo momento para facer por parellas unha historia ubicada en Santiago de Compostela, onde podemos atopar estas dúas artes (5º de Primaria)
E se vos pasades pola bitácora de 3º, veredes as novas propostas de libre circulación centrándose nesta ocasión no traballo coas prantas, o cómic, a reciclaxe e por suposto un par de propostas artísticas.
Ver bitácoras