Seguimento bitácoras – Xuño 2024

Ola familias.

Queremos facer un último resumo das bitácoras antes do remate do curso. Xa queda pouco e chegamos ao final do camiño.

Nesta web e nas bitácoras poderedes ver moitas das cousas que fixemos e como fomos avanzando xuntos no día a día.

Como últimas novidades podedes ver:

Bitácora do EDLG: tendes todo o material realizado nas últimas actividades: Día das Letras Galegas e os traballos feitos no proxecto MODO GALEGO, ACTÍVAO! E lembrade que ao longo do curso fomos poñendo diferentes materiais e recursos.

Bitácora de BiblioBarouta: temos imaxes da visita de Antía Yáñez así como doutras actividades.

Bitácora de Infantil: seguen a amosarnos imaxes de tódalas actividades que fan.

Bitácora de 1º: comezaron unha nova investigación sobre os alimentos, e tamén construíron un reloxo.

Bitácora de 2º: o alumnado de 2° EP interpretou o libro A Reconquista de Antía Yáñez, para todo o alumnado de Educación Infantil.

Bitácora 3º: tendes as imaxes das propostas que están facendo, despois da visita da Muller do paleolítico e o Neolítico. E tiveron u n día estupendo na a Riamonte.

Bitácora de 4º: tendes imaxes dalgunhas actividades que realizamos (Almorzos Saúdables e Aniversario), e tamén algún vídeo.

Bitácora de 5º: estiveron traballando Historia da Arte, vendo diferentes representacións artísticas. Podedes ver imaxes sobre a visita relacionada que fixeron á catedral de Santiago de Compostela.

Bitácora de 6º- Imaxes da da visita FervenzAventura.

Ver bitácoras

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.