Seguimos aceptando aportacións da 9ª Carreira Solidaria do CEIP de Barouta.
Escoitar artigo (Voz: Jenni)

O xoves tivemos a carreira Solidaria que xa vai pola súa 9ª Edición. Nesta xornada de participación aberta e cunha carreira non competitiva, acudiron familias e alumnado e dos colexios de Agro do Muíño, A Maía e as nenas e nenos de Ed. Infantil da EEI de Covas.

Deixamos atrás a choiva e desfrutamos dunha xornada despexada onde recibimos produtos de primeira necesidade para doar ao Banco de Alimentos Municipal. Durante esta semana seguiremos recollendo produtos, polo que agradecemos tódalas aportacións que fagades.

Despois do petisco fixemos o sorteo de dous lotes de agasallos para recadar e facer un doativo á infancia en Gaza, nun conflicto que segue moi vexente e que afecta ás nenas e nenos de Palestina. O doativo farase a través da UNRWA.

Esta semana podes pedir rifas a través da titoría para colaborar cun doativo, e para a vindeira semana faremos o sorteo doutros lotes de agasallos. Os números gañadores serán anunciados na páxina web. Cada rifa son 2 euros.

Poñemos algunhas imaxes da xornada, e un vídeo resumo.

Ver álbum de imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.