Segunda formación PLANEA Barouta.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Este luns 1 de decembro seguimos coa formación PLANEA para adentarnos nas diferentes propostas que poderemos facer a través da arte.

Nesta segunda formación dirixida novamente a todo o Claustro, fixemos un mapeo moi rápido da nosa visión persoal do que cremos que é a arte e do que pode aportar ao noso centro.

Tamén puidemos coñecer experiencias doutros centros da rede, e comprobar como a intervención artística pode abarcar calquer ámbito co que soñemos.

A arte é algo máis que pintar, debuxar, escultura, modelado… e isto é o que nos ofrece PLANEA:

Hai un cambio de paradigma da relación entre arte e escola: de persoas pintando a persoas pensando, de técnicas sen significado a productos significativos, de experiencias bonitas a cousas incómodas que nos fan sentir e pensar… A arte ao servicio da persoa.

E partindo desta idea, estamos facendo xa o mapeo de necesidades e tendes dispoñible para participar o formulario para toda a comunidade.

Referencias:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.