Estas semanas estase a desenvolver no centro a actividade “Medrando en igualdade: sementes para o cambio” grazas ao programa coeducativo para familias e profesorado posto en marcha pola Comisión Mixta de Igualdade.
Aínda quedan sesións que desenvolver, e dende aquí queremos animarvos a que participedes.
A Cooperativa Rexenerando é a encargada de levar a cabo o programa, e así nos contan como é o traballo que se está facendo:
Estas semanas estamos a acompañar a comunidade educativa do CEIP Barouta en Ames para “Medrar en Igualdade”; entendendo xuntas como opera o sistema sexo-xénero e, saltando da teoría á práctica, identificando como isto está presente no noso día a día como familias.Tras sesións non mixtas con pais e nais da ANPA @anpabarouta , o pasado xoves abrimos un espazo para afondar un pouco máis no tema, relacionándonos coa dificultade de ver cambios inmediatos e coa incomodidade de cuestionar as nosas prácticas, mais tamén coa capacidade e co potencial que temos como educadoras para transformar o mundo.Quedamos moi agradecidas á Comisión de Igualdade e Xénero do centro por contar con nós; pola sorte e o privilexio que é poder promover espazos tan motivadores con persoas con tantas ganas de seguir aprendendo.E tamén a Mari Fidalgo @xeraccion que pechará o proceso cunha sesión de biodanza, no que facilitar a integración desas aprendizaxes a través da conexión co corpo e a músicaQue ganas de seguir traballando con esta e outras comunidades educativas!
Referencias: