No día de hoxe e sen previo aviso, tivemos un simulacro de evacuación atendendo a unha alarma de incendio na primeira planta na que se xerou unha zona de fume que dificultaba a visibilidade. Este simulacro complementa a formación realizada do Protocolo de Autoformación que facemos cada curso.
A alarma soou pouco antes do tempo de patio, e todo o alumnado, profesorado e persoal do centro, realizamos a evacuación sen ningún incidente e seguindo as pautas establecidas.
No simulacro do curso pasado atendemos a unha situación excepcional que foi o desvaecemento dunha persoa, á que houbo que facerlle reanimación. Hoxe, a situación á que tivemos que enfrontarnos foi a de un alumno pechado nos baños, que tivo que ser localizado e trasladado xunto co resto do alumnado ao punto de encontro.
Tamén actualizamos o Plan de Autoprotección, tal como recolle o protocolo de actuación. Téndelo no noso apartado de Documentos.