Súmate ao aplauso silencioso en Barouta

O aplauso silencioso é unha maneira de amosar a nosa admiración ou agradecemento sen facer ruído.

Vivimos nunha sociedade cada vez máis ruidosa, onde parece que para pasalo ben, celebrar un logro ou para amosar agradecemento ten que haber barullo. Dende Barouta queremos fomentar espazos tranquilos e silenciosos nos diferentes actos e celebracións.

O ruído xenera moitos problemas de saúde, concentración, atención, nerviosismo, … Convivimos con persoas moi diversas, chegando a situacións nas que hai quen pode sufrir crises de ansiedade ante un ruido elevado ou inesperado.

É por iso que empezaremos xa cos aplausos silenciosos no vindeiro acto do 25N.

E queridas familias, queremos anticiparvos que contaremos con vós tamén neste gran paso para crear ambientes saudables, e esperamos que nos próximos actos vos unades a nós para ter espazos libres de ruído.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.