Prezadas familias,
Estivemos agardando á última actulización das condicións meteorolóxicas para enviarvos este aviso, pero vista a previsión da AEMET e MeteoGalicia para esta tarde noite con AVISO AMARELO, acabamos de decidir suspender a actividade do Roteiro Nocturno do Samaín programada para hoxe, 31 de outubro ás 19h30.
Esta decisión tómase por motivos de seguridade e prevención, coa finalidade de garantir o benestar de todas as persoas participantes. Sentimos as molestias causadas e agradecemos a vosa comprensión.
Grazas polo voso interese na actividade. Agardamos retomala para o próximo curso
AFA Barouta




Unha lástima, agarramos o vindeiro ano! 🙂