TEATRO MUSICAL 6º EP | Xoves, 12 de xuño ás 18h00 – Casa da Cultura de Bertamiráns
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Teatro Musical
UNHA VIAXE ENTRE PLANETAS 

O próximo xoves 12 de xuño ás 18h00, o alumnado de 6º EP do CEIP de Barouta representará a súa obra de Teatro Musical “Unha Viaxe Entre Planetas” na Casa da Cultura de Bertamiráns.

As entradas custan 5€ e os fondos recadados destinaranse ao financiamento da excursión de fin de curso de 6º EP e á ONG Aldeas Infantís.

Esta representación de teatro musical está baseada no libro “O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry e no musical de F. J. Álvarez García.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.