Actualizado o 21 Decembro, 2023

Este xoves 21 de decembro, ás 12:00 horas o alumnado de Barouta vai representar o seu habitual teatro de Nadal, baseado no tema do centro deste ano, no que o PDI está adicado ás noticias.

Estades tódalas familias convidadas. Podedes acceder ás gradas da pista polideportiva cuberta dende as 11:45.

O alumnado e familias de 6º montarán un posto de venda para recadar fondos para a excursión de final de curso.

Como último recordatorio, lembrade que seguimos cos aplausos silenciosos, polo que vos pedimos que o voso xeito de agradecer o traballo das alumnas e alumnos sexa mediante un enorme pero silencioso aplauso.

Aplauso silencioso – Súmate

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.