Este venres 19 de decembro, ás 12:00 horas o alumnado de Barouta vai representar o seu habitual teatro de Nadal, baseado no tema do centro deste curso, que se recolle no PDI: “Son de Paz”.
Contamos coa colaboración da actriz e directora Cris Collazo, que fixo o guión e a dirección artística. Isto foi posible grazas á convocatoria da Deputación da Coruña que conseguiu a Comisión Mixta de Igualdade e Xénero e a AFA de Barouta.
Estades tódalas familias convidadas. Podedes acceder ás gradas da pista polideportiva cuberta dende as 11:45.
O alumnado e familias de 6º montarán un posto de venda para recadar fondos para a excursión de final de curso.

