Terra de Mulleres no CEIP de Barouta
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Recuperamos este contido de interese dun proxecto feito coa Cooperativa Rexenerando. No seu momento publicouse na antiga web do centro, pero queremos darlle novamente  visibilidade.

No curso 2022-2023, co apoio e acompañamento da cooperativa “Rexenerando“, no CEIP Barouta traballouse arredor de recoñecer e valorar as nosas referentes máis próximas. A rapazada, no horario lectivo, vai levou a cabo uns obradoiros, dos que nos darán conta.

Terra de Mulleres

O proxecto de promoción da Igualdade e prevención da Violencia de Xénero no CEIP de Barouta do curso 22-23 foi “Terra de mulleres“. Fixéronse obradoiros para o alumnado, formación para familias e docentes, a creación dun mapa dixital onde divulgar os resultados da actividade, e un vídeo informativo coas crianzas como protagonistas. O traballo coas familias e docentes é clave nesta proposta, para contribuír dun xeito integral á sensibilización en materia de xénero e multiplicar o impacto das accións.

Obxectivos dos obradoiros:

  • Sensibilizarnos fronte a este tema, camiñando cara modelos sociais, familiares e de crianza máis xustos e transformadores.
  • Xerar un espazo de diálogo de calidade entre os diferentes axentes da comunidade educativa do centro.
  • Dar a coñecer o traballo que se está facendo co alumnado en Terra de Mulleres, buscando a complicidade coas familias e docentes e estimulando os apoios e colaboracións.
  • Reflexionar sobre os coidados desde unha perspectiva práctica e vivencial.

Colabora cunha das nosas Comisións de Traballo

 

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.