Traballando por recantos. Encántanos!!
Tempo de lectura: 2 minutos. 

Ola tribo,
A primeira semana de curso comezamos onde o deixamos… Con propostas por recantos! e parece que non esquecemos este xeito de traballar que tan ben se nos dá.

Nun recanto xuntamos os ingredientes para cociñar cuarto. Cada alumna elaborou en masa un ingrediente simbólico que quere engadir este curso: alegría, esforzo, xogo… Posteriormente fixemos a lista de ingredientes: puxemos as cantidades, agrupamos ingredientes repetidos sumando cantidades… E durante o curso seguiremos elaborando esta propostiña entre o poético, o matemático, o artístico… E que serviu para presentar o PDI Paparouta

 

Cada persoa elaborou un libriño sobre o seu verán onde recollemos os recordos máis significativos. Debiamos seguir as instrucións para a elaboración física do libro e completalo con: 1 lugar, 1 momento , 1 libro, 1comida…

Como me sinto? Na pizarra fixemos unha nube emocional de como nos atopamos ante este comezo de curso.recantos 4º (11).jpeg

O bote dos desexos. Escribimos nun papeliño un desexo para este curso que despois compartimos en asemblea. Dos desexos leváronnos a outras propostas que vos contaremos.

Quen son? Noutro recanto atopamos os ollos e as bocas de todo o alumnado que debían recoñecer e unir… Parece que xa nos coñecemos bastante, aínda que tamén xurdiron combinacións graciosas!

 

Tamén fixemos unha rotación de xogos de mesa que cos que traballamos a cohesión grupal, a comprensión lectora das instrucións, a atención, a lóxica, o deletreo, as familias de palabras…

Seguimos cociñando…

Ver álbum completo de imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.