Traballo por ambientes en Barouta.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Este curso, no 1º e 2º ciclo estamos traballando por ambientes de aprendizaxe con grupos mixtos.

En Barouta sempre se apostou polo traballo por ambientes como unha maneira de achegar o coñecemento ao alumnado en contextos e ambientes que favorecen esa aprendizaxe dun xeito significativo, mediante a interacción das alumans e alumnos entre eles, co profesorado e cos recursos dispoñibles.

Establecemos 4 ambientes de aprendizaxe:

  1. Ambiente artístico.
  2. Ambiente ComuniKT (lingüístico)
  3. Ambiente matemático.
  4. Ambiente Cooperativo (Coordinado polo Dpto. de Orientación)

Os tres primeiros ambientes son fixos toda a semana e o Cooperativo faise os venres na libre circulación de ambientes.

Os ambientes están distribuidos durante dúas sesións diarias ao longo da semana do seguinte xeito:

  • Luns, martes, mércores: rotación de grupos mixtos polos ambientes.
  • Xoves e venres: libre circulación polos ambientes.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.