Despois de tanta “Paparouta” (PDI do CEIP de Barouta 2024-2025) inauguramos os “Chocolates” de 2025 coa Dra. Mar Calvo Malvar que nos falará de nutrición, centrándose na Dieta Atlántica.
Mar Calvo Malvar é especialista en Medicina de Laboratorio e traballa no Dpto. de Medicina do Laboratorio do CHUS. É profesora colaboradora da USC, dentro do Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Facultade de Medicina. É investigadora principal e directora do Grupo Clínico implicado no proxecto Galiat 6+7, centrado na Dieta Atlántica. É tamén presidenta do Comité de Comunicacións da Sociedade Española de Medicina de Laboratorio.
Os “Chocolates con… ” do CEIP de Barouta son encontros abertos a toda a comunidade educativa e amigas/os da escola, para conversar e aprender sobre temas relevantes de educación mentras tomamos un chocolate.
Grazas á AFA Barouta contaremos con servizo de ludoteca durante a actividade.
Agardamos contar con vós!
Referencias:
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.