Como xa sabedes estamos a participar no proxecto da RAG #ModoGalego, Actívao” en colaboración co Concello de Ames.

A proposta realizada polas crianzas de EI nesta primeira semana consistiu en drobrar ao galego unha curtametraxe. Para isto tivemos que:

  1. Visionar a curtametraxe en versión orixinal.
  2. Dialogar sobre: que acontece na curta? Que personaxes aparecen nela? Que poden dicir estes personaxes?
  3. Inventar os novos diálogos en galego chegando a acordos entre tod@s
  4. Ensaiar estes diálogos dando a cada intervención a entoación correcta.
  5. Gravar os novos diálogos
  6. Montar a curtametraxe

Foi un proceso longo pero moi enriquecedor e o resultado é a curtametraxe “Compañeiras de po” que compartimos con vós.

452 vistas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.