Para introducirnos na medida, primeiro comezamos con unidades arbitrarias (obxectos), clips, paus de cores, escarbadentes, regletas, pinzas…

O obxectivo destas actividades é ir tomando conciencia da parte do obxecto que estamos medindo: a súa lonxitude. E chegar á conclusión que deste xeito é unha lea porque uns din 4, outros 6… Pois será mellor medir todas e todos co mesmo? Ao facelo así tódas e todos comunicamos o mesmo.

Xeramos a necesidade de atopar algo en común para medir todas e todos da mesma forma. Así chegamos ao cm, m, km.

No vídeo podemos ver:

  1. Un primeiro proceso de medir con diferentes obxectos, con recollida de datos.
  2. Unha segunda parte onde medimos unha mesma cousa (o perímetro dun folio) con diferentes obxectos de medida.
  3. Un momento de reflexións para chegar ás conclusións.
  4. Creamos a medida dun centímetro cortando pequenos anacos de fío de 1 cm. Vivenciamos e somos conscientes de canto é un cm.
  5. Medimos todas e todos coa mesma unidade: cos fíos de 1 cm que cortamos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.