Prezadas familias,
O proxecto “O CORPO FALA EN IGUALDADE” chegou á súa fin. Foi impulsado e coordinado pola Comisión Mixta de Igualdade e Xénero do CEIP de Barouta, e contou co apoio orzamentario da Deputación da Coruña, grazas á subvención concedida á AFA Barouta na convocatoria FOIO0A/2025.
Ao longo do 2025 relizáronse varias actividades co fío condutor do PDI de centro SON DE PAZ e coa IGUALDADE como eixe central de toda a intervención. Deste xeito fomos quen de organizar no centro: os encontros interxeracionais, os diálogos con mulleres pioneiras e referentes do activismo por Palestina, axudamos a seguir desenvolvendo o teatro como espazo para a expresión libre (espazo que as crianzas empregan nos tempos de patio coma un lugar máis de esparcimento e desfrute), e rematamos cun obradoiro de teatro que, como sabedes, tivo a súa representación final no Festival de Nadal.
Como colofón a todo este traballo compartimos con vós unha peza audiovisual realizada polas compañeiras da cooperativa Illa Bufarda, que souberon plasmar cunha gran sensibilidade os valores de igualdade e solidariedade que impregnaron tódalas accións.
Espallade e amosádelle ás vosas crianzas o fermoso resultado de todo o traballo feito por e para elas!
Agardamos que vos emocione tanto como a nós!
Referencias:

