Escoitar artigo (Voz: Jenni) |
O mércores 30 de outubro, celebramos no colexio de Barouta o Samaín e o Magosto.
Vivimos unha xornada de contacontos, ofrendas e sobremesa, coa presenza das benqueridas familias do alumnado (as de 6º venderon chocolate), e da AFA.
Pasaron moitas cousas e resulta imposible recollelo todo nun vídeo, pero aquí vos pasamos un resumo e convidámosvos a que visitedes as bitácoras e as nosas galerías de imaxes e vídeos.
Como agasallo, aquí vos deixamos este vídeo no que o alumnado de 3º e 4º de Primaria de Barouta saiu por primeiro ano a pedir “limosnilla” polas defuntiñas.
Referencias: