Tamén che pode interesar
Páxina 1 de 6
O alumnado de 3º de Primaria estivo traballando nun proxecto chamado “Alianza atlántico-Liammoù atlantel” de intercambio Galicia-Breizh cunha escola de Plouarzel. Isto estanos permitindo coñecer a nosa propia realidade lingüística e cultural para transmitila e ao mesmo tempo achegarémonos ás da Bretaña. Nós xa coñecemos ás nenas e nenos de Plouarzel e velaí van as nosas presentacións!










