Visita a Apípolis 2026 – 1º ciclo.
Tempo de lectura: 2 minutos. 

A visita do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria a Apipólis está vinculada directamente co proxecto Erasmus+ Jean Monnet dada a súa contribución á educación en valores europeos, sustentabilidade e coidado da biodiversidade.

As abellas son fundamentais en Europa, xa que participan na polinización de gran parte dos cultivos e na conservación dos ecosistemas. A súa protección está directamente relacionada coas políticas ambientais da Unión Europea.

Neste proxecto tamén se traballou o problema da vespa velutina, unha especie invasora presente en varios países europeos que afecta ás colonias de abellas, poñendo de relevo a necesidade de cooperación entre países para afrontar retos ambientais comúns.

Ademais, introduciuse de forma adaptada a estas idades a importancia das pragas, o equilibrio dos ecosistemas e o papel das persoas na súa protección.

A visita a Apipólis permitiu ao alumnado ter unha aprendizaxe vivencial, achegándoos á realidade das abellas e fomentando unha conciencia ambiental europea desde idades temperás.

Ver Imaxes

Referencias:

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.