O alumnado do terceiro ciclo realizou unha viaxe, financiada polo programa Erasmus +, Jean Monnet, á Eurocidade Tomiño-Vilanova de Cerveira. Alí coñeceron o funcionamento das institucións locais e visitaron a Fortaleza de Goián, o vivero Casaíta, o Mirafor do Cervo, o castelo de Vilanova e pasearon por esta fermosa vila. Tamén tiveron tempo para realizar actividades ao aire libre como Kayak, bicis e minigolf. Foi unha experiencia marabillosa. O noso agradecimento ao Concello de Tomiño e á Cámara de Vilanova de Cerveira pola a súa acollida e colaboración na organización da viaxe.
Ver Imaxes
Referencias:
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.


