Visita á Praza de Abastos e á Librería Couceiro.

Percorremos a praza de Abastos parando nos distintos postos onde puidemos experimentar e falar sobre produtos da terra e do mar.

No posto de mariscos vimos nécoras, centolas, ameixas, berberechos e percebes. Na peixaría había rapantes, chocos, pescada, linguado, cabracho … Na froitaría adiviñamos o nome de todas as froitas e verduras que nos ensinaban. Na carnizaría, amosáronnos diferentes partes do porco e da tenreira.

Logo fomos camiñando ata a praza de Cervantes onde visitamos a libraría Couceiro e gozamos da explicación de como se elabora un libro.
Pasamos unha mañá fantástica.

Ver Imaxes

 

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.