Escoitar artigo (Voz: Jenni) |
Este venres 20 de setembro, tivemos a sorte de recibir a visita da atleta olímpica de lanzamento de peso Belén Toimil, que ten o actual récord de España.
Nunha xornada que compartiu co alumnado de 5º e 6º de Primaria, explicounos como se prepara no seu deporte e o traballo que fai unha atleta do seu nivel, e falamos tamén doutras modalidades do atletismo.
Logo fomos ao pavillón e, seguindo as instruccións de Belén, practicamos a carreira de obstáculos, lanzamento de xavelina e lanzamento de peso.
Para rematar, unha despedida agarimosa con foto de grupo e autógrafos.
Grazas Belén pola visita e por achegarnos aos valores do esforzo e a dedicación.
Ver Imaxes da visita
Referencias: