A Comisión de Igualdade do CEIP de Barouta, recibiu o venres 6 de xuño a visita da deputada de igualdade para coñecer o proxecto de igualdade que estamos a desenvolever no centro.
Esta visita realizouse para coñecer o proxecto “O corpo fala en igualdade” , que foi presentado á convocatoria FOIO0A/2025: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2025. Recibiu o apoio da Deputación e unha subvención de 2320€ para poñelo en marcha e poder traballar a igualdade en todos os niveis educativos do centro, así como coas familias e toda a comunidade
A Comisión de Igualdade de Barouta está composta por membros de diferentes sectores da nosa comunidade, e xa leva sendo recoñecida con diversos galardóns polo seu traballo ao longo de diferentes cursos.
O grupo de traballo de Igualdade do CEIP de Barouta, créase no ano 2019 e está formado por un grupo de familias e mestras que pretenden dar un enfoque externo e interconectado coa comunidade, a unha liña de traballo que xa existe no CEIP sobre a importancia da igualdade entre xéneros e a prevención da violencia. Xorde tamén para intentar dar resposta ás inquedanzas e ás dúbidas que se lle presentan ás familias e ao profesorado en torno a como resolver os problemas que se presentan na sociedade do século XXI, que definíndose así mesma como moderna, continúa perpetuando prexuízos, estereotipos e roles asociados única e exclusivamente ao sexo e xénero.
Referencias:
- Noticia da visita na páxina da Deputación.
- Contidos igualdade na web
- Resolución convotacoria Deputación.





